As competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade
![]() |
O meu nome é Patricia Da Silva, compoñente do grupo 2 do #POLAB19. A continuación afondarei sobre unha temática abordada no módulo 1, concretamente no tema 4 "A estrutura da FP e os certificados de profesionalidade" que son as competencias clave.
En primeiro lugar, gustaríame xustificar o motivo da elección do meu artigo. En múltiples ocasións coincido, en calidade de docente, con alumnas e alumnos en accións formativas de competencias clave que non saben moi ben a utilidade de este tipo de cursos ou que simplemente levan a cabo esta formación para ocupar o seu tempo - dada a situación de desemprego - ou incluso por refrescar certos contidos, por interese persoal. Incluso hai persoas que contando con unha titulación oficial, como pode ser o caso da Educación Secundaria Obrigatoria, acaban preparando as competencias clave de nivel 2, cando non é necesario e o máis útil sería barallar outras opcións.
Con isto quero dicir que como orientadoras laborais debemos informar da finalidade e utilidade das competencias clave e das diferentes opcións que teñen para conseguilas e, incluso, plantexarlle outras opcións que poidan ser de maior pertinencia para o seu caso.
Francis Bacon espuxo con moito acerto que "A información é poder" (en inglés: Knowledge is power) e aquí a recollo, con unha razón, pois é preciso facilitar toda a información ás persoas usuarias e, unha vez conten con ela, decidan o que consideren máis oportuno, ben sexa por razóns profesionais como persoais.
Que son as competencias clave?
Recordemos que os certificados de profesionalidade, recollidos no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) divídense en 5 niveis de cualificación, se ben ata o de agora soamente se executan os de nivel 1, 2 e 3.As competencias clave son unhas probas de avaliación que se realizan coa finalidade de poder ter acceso aos certificados de profesionalidade de niveis de cualificación 2 e 3, cando non se conta previamente cunha titulación ou proba que dé acceso a ese certificado en cuestión.
Actualmente as competencias clave que se acollen na Comunidade Autonóma de Galicia son as que se recollen na imaxe que se presenta a continuación.
![]() |
Competencias clave. Elaboración propia |
En Galicia, non se convocan probas de comunicación en lingua estranxeira, como pode ser o caso do Francés.
Requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade
Concretamente, os requisitos que as persoas aspirantes deben cumprir para conseguir o acceso directo á formación dos certificados, elaborados con base no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), son:
![]() |
Requisitos de acceso. Elaboración propia |
Non esquecer que os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 1 non requiren ningunha titulación de acceso aos mesmos.
A este respecto, cómpre ter claro que a certificación de competencias clave non é a ningún efecto, académica e, polo tanto, non equivale a titulacións oficiais como Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharaleto, nin equivalentes.
A certificación de competencias clave soamente permite o acceso aos módulos formativos necesarios para a obtención dos certificados de profesionalidade
Convocatoria da proba libre de competencias clave
Anualmente existe unha convocatoria da proba libre para aquelas persoas que, por conta propia, queiran preparar e presentarse a unha ou varias destas competencias para así poder acceder a un certificado de profesionalidade de cualificación 2 ou 3.
Na nosa Comunidade Autónoma estas probas, convocadas anualmente, teñen lugar en Silleda e soen levarse a cabo no mes de maio, se ben as datas definitivas do procedemento confírmanse na resolución de cada convocatoria.
![]() |
https://ficheiros-web.xunta.gal/cei/formacion/competencias-clave/Plano_silleda_2017.pdf |
Competencias clave e o Servizo Público de Emprego de Galicia
Tamén, como profesionais da orientación laboral, debemos estar informados da existencia de accións formativas de competencias clave, de carácter gratuíto e subvencionadas, con preferencia para as persoas demandantes de emprego.
Na páxina do Servizo Público de Emprego de Galicia que se referencia pódese filtrar ditas accións formativas por "Provincia" e "Concello". Deste modo, as persoas ás que teñamos que orientar nesta cuestión poden ter acceso á información dos cursos presenciais máis próximos á súa localidade, contactar directamente coa entidade ou incluso solicitar a inscrición nos mesmos.
Esta opción é unha alternativa ás persoas que están interesadas en conseguir as competencias clave pero non contemplan única e exclusivamente a opción da proba libre. Deste modo, poden inscribirse nas accións formativas de "Comunicación en Lingua Galega", "Comunicación en Lingua Castelá", "Comunicación en Lingua Inglesa" e "Competencia matemática", cursando ditas accións de forma presencial e podendo conseguir a certificación das competencias nas que se inscribe, asistindo e superando o curso.
Máis concretamente, estas accións formativas de carácter presencial son:
- COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 (FCOV23) de 120 horas de duración.
- COMPETENCIA MATEMÁTICA N3 (FCOV12) de 200 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LENGUAS EXTRANJERAS (INGLÉS) N2 (FCOV05) de 180 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LENGUAS EXTRANJERAS (INGLÉS) N3 (FCOV06) de 180 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LENGUA CASTELLANA N2 (FCOV22) de 120 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LENGUA CASTELLANA N3 (FCOV02) de 200 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 (FCOVXX01) de 25 horas de duración.
- COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N3 (FCOVXX02) de 35 horas de duración.
Cabe non esquecer que esta formación trae aparello consigo os módulos transversais de "Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero (FCOO03)" e "Formación para a igualdade (FCOXXX24)".
Por último, centrareime nas cuestións máis frecuentes que unha persoa usuaria se soe formular en relación ás competencias clave ou que mesmo nos poden xorder aos profesionais da orientación.
E non sería máis sinxelo realizar un certificado de nivel 1 que non esixe titulación académica mínima de acceso?
Un certificado de profesionalidade de nivel 1 permite acceder directamente aos módulos formativos dos certificados de profesionalide de nivel 2 da mesma familia profesional. Se ben, é frecuente atopar a persoas cursando certificados de nivel 1 e que manifestan que son moi básicos polo seu nivel de cualificación.
Por último, centrareime nas cuestións máis frecuentes que unha persoa usuaria se soe formular en relación ás competencias clave ou que mesmo nos poden xorder aos profesionais da orientación.
E non sería máis sinxelo realizar un certificado de nivel 1 que non esixe titulación académica mínima de acceso?
Un certificado de profesionalidade de nivel 1 permite acceder directamente aos módulos formativos dos certificados de profesionalide de nivel 2 da mesma familia profesional. Se ben, é frecuente atopar a persoas cursando certificados de nivel 1 e que manifestan que son moi básicos polo seu nivel de cualificación.
- Administración e Xestión
- Asistencia á dirección
- Actividades administrativas na relación co cliente
- Comercialización e administración de produtos e servizos financeiros
- Xestión comercial e técnicas de seguros e reaseguros privados
- Comercio e Márketing
- Tráfico de mercadorías por estrada
- Organización do transporte e a distribución
- Xestión e control do aprovisionamento
- Xestión comercial e financeira do transporte por estrada
- Márketing e compravenda internacional
- Xestión de márketing e comunicación
- Atención ao cliente, consumidor ou usuario
- Xestión comercial inmobiliaria
- Xestión administrativa e financieira do comercio internacional
- Xestión comercial de vendas
- Actividades de venda
- Hostalaría e Turismo
- Recepción en aolxamentos
- Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos
- Venda de produtos e servizos turísticos
- Promoción turística local e información ao visitante
- Sumillaría
- Dirección en restauración
- Xestión de procesos de servizo en restauración
- Servizos de bar e cafetería
- Servizos de restaurante
- Atención a pasaxeiros en transporte ferroviario
- Garda de refuxios e albergues de montaña
- Transporte e Mantemento de Vehículos
- Asistencia a pasaxeiros, tripulacións, aeronaves e mercadorías en aeroportos
- Tripulación de cacina de pasaxeiros
- Marítimo-Pesqueira
- Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo
- Téxtil, Confección e Pel
- Asistencia técnica en loxística dos procesos de externalización da produción téxtil, pel e confección
- Seguridade e Medio Ambiente
- Teleoperacións de atención, xestión e coordinación de emerxencias
É necesario contar con todas as competencias clave para acceder a un certificado de nivel 2 ou 3?
Os certificados de profesionalidade agrúpanse en 26 familias profesionais e para acceder á maior parte deles é suficiente con contar coa competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
Se ben, a situación é diferente no caso da comunicación en Lingua Inglesa, no que nos deteremos a continuación.
Comunicación en Lingua Inglesa e os certificados de profesionalidade
Cómpre informar claramente disto ás persoas orientadas, pois trátase dunha competencia -Comunicación en Lingua Inglesa- que non é necesaria como requisito de acceso para todos os certificados de profesionalidade.
A continuación recollo as familias profesionais e os seus respectivos certificados de profesionalidade nos que é preciso contar con dita competencia:
É posible realizar estas accións formativas de forma semipresencial ou teleformación?
É posible realizar estas accións formativas de forma semipresencial ou teleformación?
É posible. Habitualmente soe facerse a parte de preparación en modalidade de teleformación con unha entidade e para a realización da proba de avaliación asígnase unha entidade para facer esa avaliación de forma física e presencial, coa presenza e corrección dun profesional acreditado.
De calquera maneira, cómpre indicir ás persoas orientadas na necesidade de asegurarse que esa entidade privada estea acreditada pola administración laboral
competente para levar a cabo esas accións formativas.
Hai exencións e validación as probas de avaliación libre?
Hai exencións e validación as probas de avaliación libre?
No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV da convocatoria de resolución de cada ano. Asimesmo, no anexo V da resolución establécense as validacións por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.
Para saber máis
- Resumo Estatistico das Competencias Clave. Arquivo no que se recollen os resultados das probas libres de competencias clave ao longo das 13 convocatorias que se levaron a cabo.
- Competencias clave para os certificados. Información de interese na páxina web do Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Enlace web sobre competencias clave. Recurso da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, (DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 202, Páx. 13318) de la Dirección General de Orientación y Promoción Laboral, por la que se convocan pruebas de evaluación en competencias clave para acceder a los certificados de profesionalidad de nivel 2 y 3 de cualificación (código de procedimiento TR306A).
Despídome recollendo un vídeo de interese, a modo recordatorio, onde se explican as diferenzas entre os certificados de profesionalidade e a formación profesional. Nunca está de máis refrescar a memoria!
Grazas ao grupo "Con Orientación" composto por Sara Franco, Patricia Lorenzo, Mónica Pampín e Sonia Pérez por darme a oportunidade e espazo de publicar.
Comentarios
Publicar un comentario