A EMPATÍA NA ORIENTACIÓN LABORAL
“As tres cuartas partes das miserias e malos entendidos no mundo rematarían se as persoas se puxesen nos zapatos dos seus adversarios e entendesen o seu punto de vista” (Mahatma Gandhi) Dentro dos condicionantes da comunicación, atopámonos elementos que, correctamente utilizados, poden marcar a diferenza entre unha comunicación eficaz e unha comunicación deficiente. Estes elementos son : A empatía, A escoita activa e a asertividade. Falaremos nesta ocasión da empatía, que é, distinción coa simpatía, como fomentala no noso traballo como orientadores/as laborais e vantaxes e desvantaxes que nos ofrece. QUE É TER EMPATÍA A empatía é a capacidade persoal para conectar cos sentimentos e as emocións dos demais. Trátase de comprender os seus argumentos e os seus puntos de vista. Non se trata de estar de acordo en todo coa outra persoa nin deixar a propia identidade pola da persoa, senón de pórse nos zapatos da outra vendo ...