Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como acceso

As competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade

Imagen
O meu nome é Patricia Da Silva, compoñente do grupo 2 do #POLAB19. A continuación afondarei sobre unha temática abordada no módulo 1, concretamente no tema 4 "A estrutura da FP e os certificados de profesionalidade" que son as competencias clave . En primeiro lugar, gustaríame xustificar o motivo da elección do meu artigo. En múltiples ocasións coincido, en calidade de docente, con alumnas e alumnos en accións formativas de competencias clave que non saben moi ben a utilidade de este tipo de cursos ou que simplemente levan a cabo esta formación para ocupar o seu tempo - dada a situación de desemprego - ou incluso por refrescar certos contidos, por interese persoal. Incluso hai persoas que contando con unha titulación oficial, como pode ser o caso da Educación Secundaria Obrigatoria, acaban preparando as competencias clave de nivel 2, cando non é necesario e o máis útil sería barallar outras opcións. Con isto quero dicir que como orientadoras laborais debemos inf...